De residuo gandeiro a materia prima para pensos e biofertilizantes
As lentellas de auga ou lemna son pequenas plantas con forma redonda e de cor verde, que crecen na superficie de augas estancadas. Teñen unha gran capacidade para absorber a nutrientes da auga na que se desenvolven, así como de producir biomasa cun alto valor nutricional que as converten nunha materia prima excelente para a produción de pensos e biofertilizantes.
A biomasa de lemna constitúe así, unha fonte de proteína alternativa, ecolóxica e de baixo impacto ambiental (prodúcese a partir dos estercos xerados na propia instalación gandeira) que pode substituír ás fontes de proteína vexetal que se utilizan na elaboración de pensos e fertilizantes tradicionais.
Esta innovadora tecnoloxía baseada en lentellas de auga, poderá axudar aos agricultores a xestionar mellor os excedentes de nutrientes e facilitar un manexo integrado dos estercos.