• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria pola que se otorgan axudas individuais uso taxi como medio alternativo para persoas con dificultade de mobilidade e outras

Obxecto: Regular a xestión de axudas económicas, de carácter individual, que concede o Concello de Santiago de Compostela a persoas que a causa da súa discapacidade, enfermidade crónica, tratamento que reciba ou idade teñan dificultades para o uso do transporte público, condicionado ao cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 3 das presentes bases.

BOP Nº 52 do 18/03/2021

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/553339)

De conformidade co previsto nos artigos 17.3 b e 20.8.a da Lei 38/2013, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatorias)

Título:

Extracto do acordo nº 14 do día 15/03/2021 da XGL do Concello de Santiago de Compostela, polo que se outorgan axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo do Concello de Santiago de Compostela. Ano 2021.

Persoas beneficiarias:

En liñas xerais poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago de Compostela, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

a. Que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade, impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos.

b. As persoas que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %, tal como dispón o artigo 32.2 da Lei 10/2014, do 3 decembro, de accesibilidade.

c. As persoas sometidas a tratamentos periódicos, administrados dende calquera centro hospitalario da cidade, que acrediten mediante informe médico as dificultades ou a non conveniencia de condución de vehículos e de uso do transporte público.

d. Persoas con discapacidade, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.

e. Persoas residentes no contorno rural que, afectadas por unha determinada doenza, acrediten mediante informe médico que non están autorizadas a conducir, dadas as limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.

f. Persoas maiores, residentes no contorno rural deste termo municipal, polas limitacións derivadas da menor frecuencia ou accesibilidade ás liñas de transporte público.

As persoas potencialmente beneficiarias destas axudas non poden estar comprendidas nalgunha das prohibicións para seren beneficiarias de subvencións previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contía:

O importe destas axudas non poderá superar a cantidade anualmente orzada para esta finalidade. A contía mencionada repartirase entre as persoas usuarias segundo o tramo de ingresos e de acordo co establecido no seguinte:

– Ata un límite de ingresos do 150 % do IPREM anual: contía máxima de 350 €, pago único.

– Máis do 150 % e ata o 250 % do IPREM anual como límite de ingresos: contía máxima de 250 €, pago único.

– Máis do 250 % e ata o 300 % do IPREM anual como límite de ingresos: contía máxima de 150 €, pago único.

Se polo número de solicitudes que reúnan os requisitos, a cantidade que correspondería a todas as persoas solicitantes superase a cantidade consignada nos orzamentos para esta finalidade, a adxudicación da axuda individual farase en primeiro lugar primando as persoas solicitantes que teñan menos ingresos.

Prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.