• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da R. 2021/9225 do 15/03/2021 aproba convocatoria programa subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias,labriegas,gandeiras ,forestais e asociacións cazadores provincia A Coruña realización investimentos

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos descritos na base 3 das bases reguladoras específicas.

BOP Nº 54 do 23/03/2021

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/553516

 

Poderán acceder a estas axudas as cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación, asociacións agrarias, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores, sen ánimo de lucro que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta Provincia.

A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 47, do 11 de marzo de 2021, dispoñibles en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/03/11/2021_0000001971.pdf

 

O importe da consignación prevista ascende a un total de 118.000,00 €, con cargo á partida 0510/4141/781 do orzamento ordinario para 2021. As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 1.000,00 € e un máximo de 24.000,00 €.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 26 de abril de 2021.

Para as subvencións que teñan concedida una prórroga, o prazo de xustificación rematará o 30 de maio de 2022 ás 14.00 horas.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/.