Ideas cooperativas en acción ( AVANZADO )
Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa:
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 28 de abril e 25 de maio en horario de 11:00 a 12:00 h e o día 12 de maio en horario de 16:30 a 18:00 h.
Destinatarios: Persoas emprendedoras interesadas no autoemprego cooperativo; persoas cunha idea de negocio que queren avaliar a opción cooperativa e axentes
intermedios que asesoran proxectos cooperativos. (Composición do grupo: mínimo 10 persoas e máximo 20).
Obxectivos:
- Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.
Programa formativo:
- Presentación
1.1 Coñece ás cooperativas:
1.2 Coñece a Economía Social
2. Como se traballa nunha cooperativa. Condicións básicas.
2.1 Que é unha cooperativa
3.Prototipa a túa idea de negocio cooperativo. (CANVAS)
3.1 O equipo e as persoas
3.2 A idea
3.3. Madura a túa idea cooperativa
3.4 Responsabilidade Social da túa idea
4. Estudia a viabilidade económica e financeira
4.1 Analiza a área económico financeira:
5. Organización da cooperativa
5.1 Organigrama Cooperativo
5.2 Competencias da Asemblea
5.3 Organización Societaria e do traballo
6. Elaboración Plan de empresa e Constitución (CONSOLIDAES)
6.1 Descrición Xeral do Proxecto
6.2 Estudo de Mercado
6.3 Plan de Mercadotecnia
6.4 Plan de Produción
6.5 Plan de Recursos Humanos
6.6 Forma xurídica
6.7 Plan económico - financeiro
- Máis información: patane@espazo.coop / 881 887 456
Enlaces