Evento virtual de peche do proxecto SmartLabels: Innovación en etiquetas intelixentes para o sector vinícola.
A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) e o Packaging Clúster organizan o luns, 29 de marzo, de 9.30 a 11 horas o evento virtual de peche do proxecto SmartLabels, unha iniciativa promovida por ambas as agrupacións industriais e seleccionada na última convocatoria do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras ( AEI).
Na xornada, que leva por título “Innovación en etiquetas intelixentes para o sector vinícola”, presentaranse as actividades e resultados levados a cabo neste proxecto que desenvolveu e testado novas tecnoloxías de impresión para a fabricación de etiquetas intelixentes alimentadas a partir de tecnoloxía sen contacto.
Àlex Brossa, clúster manager do Packaging Clúster, encargarase de dar a benvida ao evento e Xavier Lesauvage, managing partner and márketing strategy deader de Connociam, de analizar as tendencias e oportunidades en smart packaging. Pola súa banda, Noelia Dosil, innovation project manager de Clusaga, abordará o desenvolvemento realizado en etiquetas intelixentes no proxecto SmartLabels.
Juan Estanislao López, smart engineering research group manager de Eurecat, explicará a aplicación de etiquetas NFC no sector vinícola mentres que Cleiver Salazar, technical manager de IPE Industria Gráfica, farao sobre o uso de etiquetas con tinta invisible con código bidimensional unívoco.
Pola súa banda, Daniel Durán, técnico de viticultura e innovación de Paco & Lola, e Raquel González, técnico do departamento de I+D+i de Adegas Familiares Matarromera, contarán como foi a implementación de prototipos en adega. Roberto Alonso, xerente de Clusaga, será o encargado de moderar as preguntas dos asistentes e de clausurar o evento en liña.