Extracto da R.2021/8805 do 11/03/2021 aproba convocatoria "Programa subvencións dirixido a entidades sen ánimo lucro da provincia da Coruña para realizar investimentos de promoción económica ano 2021
Obxecto.-
As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización dos investimentos descritos na base 3 das bases reguladoras específicas.
BOP Nº 52 do 18/03/2021
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/553142)
–Beneficiarios.-
Poderán acceder a estas axudas as entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta Provincia.
Bases reguladoras.-
A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 47, do 11 de marzo de 2021, dispoñibles en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/03/11/2021_0000001973.pdf
Prazo de presentación de solicitudes.-
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 26 de abril de 2021.