Convocatoria do P. subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da Provincia de A Coruña para investimentos de P.Económica ano 2021
O obxecto destas bases é establecer as normas para a solicitude, concesión, xustificación e pagamento das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que tramite a Deputación da Coruña, ao amparo do establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e no seu regulamento de desenvolvemento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (RDLXS), dirixidas a entidades sen ánimo de lucro con investimentos na provincia da Coruña.
As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización de investimentos tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalaría,.por parte das entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos seguintes ámbitos:
a) Colexios profesionais, cámaras de comercio:
– Reforma e mellora de locais sociais.
– Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
b) Asociacións de veciños e de mulleres rurais:
– Execución de obras ou equipamentos de interese xeral no ámbito parroquial, municipal ou comarcal, tales como: saneamento, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños, iluminación pública.
– Reforma e mellora de locais sociais.
– Adquisición de mobiliario ou equipamento informático.
c) Entidades asociativas e representativas dalgún sector profesional,comercial ou empresarial (tanto asociacións como federacións de asociacións de carácter comercial e empresarial)
– Investimentos na hostalería e no comercio, para adaptarse á normativa vixente na materia: adecuación dos locais para mellora da accesibilidade, instalación e equipamentos contra incendios e seguridade interior, adecuación das instalación eléctricas, adquisición de equipamento tecnolóxico (TPV) para adaptación á regulación das obrigas de facturación.
BOP Nº 47 do 11/03/2021
Poderán participar na presente convocatoria as entidades que cumpran os requisitos que se establecen de seguido, no momento de presentaren a solicitude.
- – Entidades sen ánimo de lucro, tales como: Colexios profesionais, cámaras de comercio, asociacións de empresarios e comerciantes, federacións de asociacións de caracter comercial e empresarial, asociacións de veciños e de mulleres rurais; legalmente constituídas no momento de facer a solicitude, con domicilio fiscal na provincia da Coruña ou que acrediten que os investimentos obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial desta provincia.
As entidades solicitantes deberán carecer de ánimo de lucro; esta circunstancia tamén será aplicable aos obxectos aos que sexan referidas as solicitudes.
Só poderá concederse unha subvención por entidade nas convocatorias de concorrencia competitiva. Para estes efectos, considéranse unha soa entidade, todas aquelas nas que os/as socios/as ou membros da Xunta Directiva sexan comúns nunha porcentaxe superior ao 50% ás vinculadas nos termos establecidos na Lei xeral de subvencións e nas súas normas de desenvolvemento, así como as que poidan encaixar no concepto de grupo nos termos dispostos no Código de Comercio.
O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).
A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.
A tramitación das subvencións farase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).