• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria do P. de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias,labregas,gandeiras ,forestais e asociacións de cazadores provoncia A Coruña para investimentos ano 2021

Obxecto específico da convocatoria FO028B.-

Accións tendentes a apoiar ás federacións e agrupacións de entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e ás asociacións, federacións e agrupacións de asociacións de cazadores, en proxectos, que sexan investimento, destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto:

  • A valorización e comercialización das producións agrarias, gandeiras e forestais -
  • Os proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados á prevención dos incendios. - Sinalización TECOR SOCIETARIO -
  • O fomento do uso das novas tecnoloxías, das enerxías renovables e do aforro enerxético -
  • Accións tendentes á mellora da calidade xenética.
  • Máis concretamente, as axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias: Infraestruturas materiais e equipamentos técnicos (peches, acondicionamento de locais, repoboación forestal,sinalización TECOR, entutorados, adquisición ou adecuación técnica de maquinaria, isotermas, etc.), axudas a investimentos (construcións, instalacións, novas tecnoloxías e enerxías renovables), adquisición de equipos informáticos, investimentos que supoñan aforro enerxético.

BOP Nº 47 do 11/03/2021

Solicitantes.-

  • Cooperativas agrarias, sociedades agrarias de transformación, comunidades de montes en man común e asociacións de cazadores. -
  • Asociacións agrarias, labregas, gandeiras, forestais, asociacións de cazadores, sen ánimo de lucro -
  • Asociacións, agrupación de asociacións e federacións das anteriores entidades

  Prazo da convocatoria FO028B/2021.-

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).

A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.