• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución número 2021/7341, do 02 de marzo de 2021, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria das liñas de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2021)

Obxecto.-

As axudas PEL materialízanse en catro grandes liñas:

Liña 2.1. PEL Emprende Investimento.–Axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables incluídas dentro da liña PEL-Emprende: Apoio á creación de empresas no ámbito local.

Liña 2.7. PEL Autónom@s.–Axudas para sufragar parte das cotas da seguridade social de persoas autónomas no período que non reciben axudas doutras Administracións Públicas.

Liña 3.1. PEL Pemes Creación e ampliación.–Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas, incluídas dentro da liña PEL-Pemes: Axudas á contratación de persoal.

Liña 3.2. PEL Pemes Mantemento.–Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas incluídas dentro da liña PEL-Pemes: Axudas á contratación de persoal.

 

 

BOP Nº 46 do 10/03/2021

–Beneficiarios.-

Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os requisitos xerais e específicos para cada unha das liñas.

Bases reguladoras.-

A presente convocatoria réxese polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 37, do 25/02/2021, dispoñibles en https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/25/2021_0000001405.pdf

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/552077)

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria das Liñas de axuda do Plan de Emprego Local_PEL 2021, axudas dirixidas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables, financiamento das cotas sociais de persoas autónomas e contratación para a creación, ampliación e mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas; cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos Nacional de Subvencións http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index

Prazo de presentación de solicitudes.-

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14.00 horas do 15 de abril de 2021.