Extracto da R. do 11 marzo2021 modifica R. do 3 febreiro 2021 establecen bases concesión subvencións a entidades organizadoras de congresos,seminarios, convencións ,incentivos... relativo turismo reunións de Galicia
Ampliación do prazo de presentación de solicitudes.-
Esta modificación implica un novo prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
DOG Nº 49 do 12/03/2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).