Extracto da resolución do 24 febreiro de 2021 establecen bases de subvencións a salas artes escénicas de titularidade privada ano 2021
Finalidade
Establecer e aprobar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional, das salas de artes escénicas de titularidade privada e así fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2021
Réxime de concorrencia competitiva
DOG Nº 47 do 10/03/2021
Persoas beneficiarias
Poderán acceder as axudas as persoas físicas (autónomas) e xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 150 localidades, que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2021, debendo probar a dispoñibilidade da sala mediante copia de escritura, contrato de alugueiro ou calquera documento válido en dereito, así como estar en posesión da licenza de apertura para a cal solicita a axuda e que realizaran un mínimo de 30 representacións no ano 2020.
Importe
O importe global máximo da subvención será de 150.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770 do orzamento de gastos de Agadic; código do proxecto 2015-0003.
Bases reguladoras
Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT402D).
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.