Formación para a creación do teu Plan de Empresa
A Fundación CEL a través da Rede Eusumo organiza a referida actividade formativa.
Neste curso abordaranse os conceptos básicos para elaborar o plan de empresa dunha entidade de economía social, dende a idea de negocio, ata a proposta de valor, o plan de marketing, a organización e xestión de persoas e o plan económico-financeiro. Permitirá aos/ás promotores/as dunha inicitativa de economía social deseñar de xeito ordenado a creación da súa empresa, tratando os temas fundamentais para mellorar as probabilidades de éxito.
Datas: do 26 ao 29 de abril de 2021
Horario: de 16:00 a 20:00 h
Duración: 15 h
Lugar: nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais de recente creación, e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e a economía social.
Programa:
- Módulo 1: O modelo de negocio
- Módulo 2: O plan de marketing
- Módulo 3: A organización e as persoas
- Módulo 4: O plan económico-financeiro
Inscrición:
- A través do formulario de inscrición (límite de prazas: 10 persoas)
Para máis información: 982284150 / formacion@fundacioncel.org