Transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas Empresas culturais e creativas
O obxectivo fundamental do programa é proporcionar unha visión global daqueles sectores de actividade organizada que teñen como obxecto principal a produción ou a reprodución, a promoción, a difusión e/ou a comercialización de bens, servizos e actividades de contido cultural, artístico ou patrimonial.
O programa está orientado a moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais que desexen iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles interesad@s en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.
DATA:Do 10/05/2021 ao 25/06/2021
Contido.-
1.- Introdución 2.- Contexto 3.- A empresa cultural e creativa 4.- Obxectivos 5.- Características do Programa 6.- Programa formativo: Contido dos módulos 7.- Forma de realización 8.- Formalización e inscricións 9.- Calendario de execución
Destinatarios.-
•Moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e que, por tanto, non participan nos sistemas de educación ou formación vinculados ao mundo cultural e con interese en coñecer a importancia das industrias culturais e creativas
. •Emprendedores/as que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa cultural para a súa posterior posta en marcha.
Número de participantes.-
Un mínimo de vinte moz@s emprendedores/as e un máximo de vinte e cinco.
Duración do Programa .-
Do 10 de maio ao 25 de xuño de 2021 (6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo).