• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa videoxogos e emprendemento

A Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Fundación Incyde e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, ofrecémosche un programa que abarca as principais disciplinas vinculadas coa creatividade dentro do mundo do videoxogo

 

O programa está orientado a moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais que desexen iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles interesad@s en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital

DATA:

 Do 19/04/2021 ao 04/06/2021

Contido 1.- Introdución 2.- Contexto 3.- Obxectivos 4.- Características do Programa 6.- Programa formativo: Contido dos módulos 7.- Forma de realización 8.- Calendario de execución 9.- Formalización e inscricións

Destinatarios.-

O programa está orientado a moz@s menores de 30 anos, inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais que desexen iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles interesad@s en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.

Número de participantes.-

Un mínimo de vinte moz@s emprendedores/as e un máximo de vinte e cinco

Duración do Programa.-

Do 19 de abril ao 4 de xuño de 2021 (6 semanas na modalidade en liña e unha semana de traballo de campo).