Xornada de presentación do portal Galicia Food & Drink en Alibaba.com
A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga), co apoio da Xunta de Galicia, puxo en marcha o agregador Galicia Food & Drink en Alibaba. com. Nesta iniciativa participan, polo momento, 20 empresas socias, as cales comparten minisite dentro deste portal e- commerce B2 B.
O martes 16 de marzo ás 9.30 horas, Clusaga presentará este portal creado en Alibaba. com nunha sesión en liña que será inaugurada por Augusto Álvarez-Borrás, director da área de internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Pola súa banda, Adoración López, CEO de Innova Dixital Export, e Enrique Molina, consultor e- commerce de Innova Dixital Export, presentarán as diferentes marcas que participan nesta plataforma, as oportunidades que ofrece o portal de Alibaba e o funcionamento do minisite Galicia Food & Drink. Finalmente Roberto Alonso, director de Clusaga abordará o plan de seguimento e próximos pasos do proxecto.
A esta sesión poden inscribirse unicamente as entidades que forman parte do agregador Galicia Food & Drink, que foi promovido pola Comisión de Mercados e Internacionalización de Clusaga, ou calquera outra que sexa socia do Cúster que estea interesada en unirse ou coñecer este minisite.