Taller sobre Iniciación ao Comercio Electrónico para empresas de Economía Social
TALLER ON LINE E GRATUITO EN COLABORACIÓN COA REDE EUSUMO
DATA: Do 17/03/2021 ao 25/03/2021HORA:
10:00 - 13:00
Obxectivos: Dotar aos asistentes dunha visión estratéxica de conxunto sobre o comercio electrónico.
Formarlles para que poidan autoxestionar unha tenda online básica.
Formarlles para que coñezan os aspectos fundamentais dunha web eficaz de comercio electrónico.
Dar a coñecer as diferentes alternativas e plataformas de comercio electrónico e as súas características.
Proporcionarlles ferramentas para a interpretación dos datos estatísticos de visitas aos perfís sociais
Asesorarlles de xeito individualizado para que desenvolvan correctamente o seu propio plan de redes sociais, de acordo coas súas necesidades particulares.
Destinatarios: O programa vai dirixido a persoas que teñan funcións de dirección, xestión de ventas, loxística e teñan unha web de venda online, ou teñan pensado facelo, en cooperativas e empresas de economía social.
A acción formativa desenvolverase nas aulas de formación do Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago, no Polígono de Costa Vella, Rúa República Checa, 40.
Duración.- 15 horas, a desenvolver en tres xornadas de 5 horas cada unha.
O plan proposto estrutúrase arredor de dous eixos: A realización de seminarios formativos sobre cuestións específicas e o asesoramento individualizado a cada empresa que o desexe para levar a cabo o seu propio plan de redes socias (Social Media Plan).
A duración da parte formativa é de 15 horas, mentres que a parte de asesoramento exténdese ata os 3 meses.