• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 26 febreiro 2021 de concesión directa da axuda complementaria á do programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para vítimas de violencia xénero

Obxecto e finalidade.-

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a concesión directa das subvencións complementarias á do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

2. Estas axudas son complementarias ás subvencións concedidas ás persoas beneficiarias do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero e teñen a finalidade de subvencionar, conxuntamente con estas, o importe mensual da renda do alugueiro da vivenda; satisfacen, deste xeito, unha solución habitacional a este colectivo especialmente vulnerable.

DOG Nº 42 do 03/03/2021

 

 

Persoas beneficiarias e requisitos.-

. Serán beneficiarias destas axudas complementarias todas as persoas que na data de publicación desta resolución no DOG teñan unha resolución de concesión inicial ou, de ser o caso, de prórroga do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, así como aquelas outras que resulten beneficiarias do citado programa en virtude da convocatoria correspondente á anualidade 2021.

2. Para ser persoa beneficiaria destas axudas será requisito necesario que no expediente de concesión conste o correspondente contrato de alugamento da vivenda.

3. Non poderán ser beneficiarias desta axuda as persoas a quen lles fose declarada a perda do dereito ou revogación da subvención concedida no marco do anterior programa ou nas que concorra algunha das situacións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Tampouco poderán ser beneficiarias destas subvencións complementarias aquelas persoas beneficiarias do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, cando a renda do seu contrato de alugamento sexa satisfeita integramente coa axuda do citado programa.

  • A axuda terá unha duración máxima de doce meses, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.
  • Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.