• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso en liña " IP e Estratexia de Mercado "

Axencia  Galega de Innovación ( GAIN) da Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié organiza o curso “IP e Estratexia de Mercado” do Programa de Acreditación  RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia.

Data: do 12 ao 16 de abril de 2021

Prazo de inscrición: ata o 02 de abril ás 20:00  h

 

Esta certificación emitida por  ATTP [ Alliance  of  Technology  Transfer  Professionals] é o estándar internacional para acreditar a competencia e a experiencia daqueles profesionais que desenvolven a súa carreira no ámbito da transferencia de coñecemento e tecnoloxía. Para facilitar a súa obtención por parte de xestores de transferencia do Sistema Galego de Innovación, organizaranse accións formativas e proporcionarase  mentorización para a preparación do dossier acreditativo esixido pola entidade  acreditadora.

O programa de Capacitación para Xestores de Transferencia forma parte das iniciativas desenvolvidas polo Programa  Ignicia de Transferencia de Coñecemento, iniciativa que integra diversas actuacións de fortalecemento das capacidades do Sistema de Innovación para mellorar a abordaxe de procesos de identificación, valorización e comercialización dos resultados da I+D.

O curso “IP e Estratexia de Mercado” celebrarase desde o día 12 ata o día 16 de abril de 2021, baixo a modalidade de formación en liña debido á situación actual provocada polo Covid-19. Pode consultar toda a información do programa pulsando aquí. Para inscribirse, cubra o formulario na seguinte ligazón. O prazo de inscrición finaliza o día 02 de abril ás 20:00 h.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico programacion.centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 012.