• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da R. 2021/4793 do 12/02/2021 pola que se aproba convocatoria do programa de subvencións destinado a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia de A Coruña 2021

Obxecto.-

As axudas económicas obxecto da presente convocatoria destinaranse á realización das actividades culturais descritas na base 3 das Bases reguladoras do programa.

BOP Nº 39 do 01/03/2021

Beneficiarios.-

Poderán acceder a esta liña de axudas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como entidades lucrativas, establecidas nun estado membro da Unión Europea, que acrediten que realizan as actividades obxecto deste programa.

Bases reguladoras.-

O Programa rexerase polas Bases reguladoras, que foron publicadas no BOP núm. 31, do 17 de febreiro de 2021, https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/17/2021_0000001220.html e pola Ordenanza xeral de subvencións e transferencias publicada no BOP núm. 72, do 15 de abril do 2019, https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/04/15/2019_0000002914.html

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/550425) De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria do Programa de subvencións a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña durante o ano 2021 (FO300/2021), cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Prazo de presentación de solicitudes.-

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e terminará ás 14.00 horas do día 31 de marzo de 2021.