• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da R.2021/4794 do 12/02/2021 aproba convocatoria do "programa de subvencións a empresas audiovisuais para apoiar a distribución,comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega provincia Coruña

Obxecto.-

Contémplanse dúas modalidades no obxecto deste programa. a) O apoio aos contidos audiovisuais galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc. feitas en Galicia) para a súa distribución e exhibición en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego). b) O apoio á distribución en lingua galega (VO, VOSG ou dobraxe ao galego) de contidos audiovisuais non galegos (longametraxes, curtametraxes, documentais, etc. feitas fóra de Galicia).

BOP Nº 39 do 01/01/2021

Beneficiarios.-

Poderán acceder a esta liña de axudas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras ou distribuidoras audiovisuais independentes, establecidas nun estado membro da Unión Europea, que acrediten que realizan as actividades obxecto deste programa. Por empresa produtora entenderanse as persoas físicas ou xurídicas que estean legalmente constituídas. A empresa produtora debe posuír a titularidade de, como mínimo, o 20% da propiedade do negativo e dos dereitos de explotación da obra audiovisual, o que se deberá acreditar coa certificación do Instituto da Cinematografía e das Artes Visuais (en diante ICAA ) ou mediante unha auditoría de custos. Por empresa distribuidora entenderase a persoa física ou xurídica rexistrada no rexistro do ICAA como empresa distribuidora e titular dos dereitos de exhibición “theatrical”.

Bases reguladoras.-

O Programa rexerase polas Bases reguladoras, que foron publicadas no BOP núm 31, do 17 de febreiro de 2021, https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/02/17/2021_0000001221.html BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑABOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Luns, 1 de marzo de 2021 [Número 39] Lunes, 1 de marzo de 2021 Página 3 / 3 Número de anuncio 2021/1482 e pola Ordenanza xeral de subvencións e transferencias publicada no BOP núm. 72, do 15 de abril do 2019, https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2019/04/15/2019_0000002914.html

 

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https:// www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/550437) De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria do Programa de subvencións a empresas de produción e distribución audiovisual para o apoio á distribución, comercialización e exhibición audiovisual en lingua galega na provincia da Coruña- ano 2021 (FO300/2021), cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos Nacional de Subvencións (http://www.pap. minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Prazo de presentación de solicitudes.-

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e terminará ás 14.00 horas do día 31 de marzo de 2021.