Interregional Innovation Investment (I3)
Despois dos talleres sobre o Programa Dixital Europe e o Pacto Verde, así como das formacións sobre financiamento en fervenza e Horizonte Europa, a próxima semana terá lugar a seguinte actividade do plan de formación enmarcado no Proxecto Impact RIS3 T, centrada no instrumento Interregional Innovation Investment (I3).
O evento está organizado pola Agência Nacional de Inovação ( ANI), e ten como obxectivo explicar este novo instrumento destinado a reforzar a innovación nas rexións de Europa, que pretende axudar aos actores involucrados nas estratexias de especialización intelixente ( S3) a agruparse e ampliar a innovación no mercado europeo.
O evento desenvolverase en inglés.
Día: 4 de marzo
Hora: 11:30 (10:30 hora portuguesa)
Modalidade En liña
Para consultar o programa e inscribirse :
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeyCy8wFS9Tl7RrOUf8hI4PZ_uRA74-kXOA-VO8ONouL5sHwA/viewform