• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Almorzo cooperativo virtual: axudas 2021 cooperativismo

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a mencionada actividade formativa


Data:  5 de marzo de 2021

Horario: de 09:30 a 11:30 h

Modalidade: en liña (plataforma virtual)  

Duración: 2 horas

Destinatarios: 

  • Cooperativas, persoas socias e responsables.
  • Grupos de emprendemento.
  • Empresas en proceso de transformación á cooperativa.
  • Empresas en crise.
  • Colectivo de persoas autónomas.
  • Persoal técnico e político de entidades relacionadas co fomento do cooperativismo (asociacións de cooperativas, oficinas de fomento cooperativo, entidades da Rede Eusumo, etc.).
  • Asesorías e consultorías.
  • Persoal técnico de fomento do autoemprego, axentes de desenvolvemento local, técnicas/os locais de emprego.
  • Persoal da Administración relacionado coa promoción do cooperativismo e a economía social, da Administración local, etc.
  • Persoas interesadas en xeral.

Obxectivos: 

  • Dar a coñecer contidos específicos das liñas de axudas do Programa APROL 2021 para a Economía Social.
  • Levar a cabo casos prácticos que axuden a resolver casuística diferentes.
  • Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante.

Programa:

09:30 h. - Benvida das persoas e entidades.
09:45 h.- Exposición sobre as Liñas de axudas do programa APROL 2021 para a Economía Social. *Novidades para empresas en transformación empresarial á fórmula cooperativa.
10:30 h.- Claves a ter en conta para a presentación das axudas.
10:45 h.- Turno de preguntas e debate.
11.30 h.- Peche da Xornada.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición  / teresa@espazo.coop / 881 887 456