Meetings formativos oportunidades e negocio: " Cultivo da castaña"
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a mencionada actividade no marco da Rede Eusumo
Data: 18 de marzo 2021
Horario: 10:00 - 14:00 h
Modalidade: en liña
Obxectivos:
- Promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
- Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
- Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias.
- Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias, como de novos emprendedores.
Inscricións:
- Gratuíta
- Accede ao formulario de inscrición
- Para máis información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop
Se queres visulizalo cartel preme aquí.
Enlaces