R. do 16 febreiro 2021 amplía prazo presentación de solicitudes da Resolución do 21 xaneiro 2021 pola que se aproban bases concesión subvencións desenvolvemento proxectos programación musical salas privadas.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publicou no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2021, a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302D).
A base sétima, punto 3, da citada resolución establece que o prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. O artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia, establece que o prazo de presentación das solicitudes en ningún caso será inferior a un mes.
O artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no cal se indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan.
En consecuencia, como a fin do prazo de presentación de solicitudes remata o día 1 de marzo de 2021, e considerando esta Axencia a conveniencia de ampliar este prazo para que se incremente o número de solicitudes xa que a expansión da COVID-19 está a xerar unha crise sanitaria sen precedentes na terceira onda, cun gran detrimento do emprego, cunha maior crise económica e un futuro incerto e que está a ter un impacto nos proxectos culturais e nas súas programacións, que se enfrontan a grandes dificultades tanto polos problemas de liquidez como pola interrupción da actividade económica.
DOG Nº 36 do 23/02/2021
Modificar a data límite de presentación das solicitudes establecida na base sétima da Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302D), ampliando o prazo para presentar solicitudes ata o 15 de marzo de 2021.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.