Extracto da Orde do 22 febreiro 2021 pola que se establecen bases reguladoras do Programa II Outras actividades pechadas .Programa II
Este programa ten por obxecto apoiar os traballadores autónomos, microempresas ou pemes que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.
Bases reguladoras.-
Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa II Outras actividades pechadas e se procede á súa convocatoria para 2021. Programa II (código de procedemento TR500D).
DOG Nº 36 do 23/02/2021
Beneficiarias.-
Poderán ser persoas beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e pemes de sectores afectados polo peche da actividade conforme a normativa sanitaria.da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quedan excluídos os establecementos de hostalaría e restauración e os establecementos de lecer e entretemento, como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculos e furanchos, por estaren encadrados no Programa I desta orde.
Para os efectos destas axudas, entenderase que está afectado polo peche aquel establecemento que non poida ter aberto segundo a normativa sanitaria e se atopen na epígrafe 4 «Medidas especiais para determinadas actividades» do anexo da Orde do 26 de xaneiro de 2021. Consideraranse incluídas as atraccións de feira a que se refire o punto Segundo. 2 da referida orde, así como da Orde do 3 de decembro de 2020, sempre que se trate de actividades nas cales non existe establecemento aberto ao público.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
Para a concesión destas axudas destínanse tres millóns de euros (3.000.000 €).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).