Extracto da Orde do 22 de febreiro 2021 establecen bases reguladoras do Programa I Hostalaría de apoio ao sector da Hostalaría
Este programa ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.
Bases reguladoras.-
Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría, e se procede á súa convocatoria para 2021. Programa I (código de procedemento TR500C).
DOG Nº 36 do 23/02/2021
Beneficiarias.-
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, as pemes do sector de hostalaría, e tamén se consideran dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos na orde.
Así mesmo, para os efectos destas axudas entenderase que está afectado polo peche aquel establecemento que non poida ter aberto ao público o seu interior, independentemente do servizo en terrazas e do servizo de envío a domicilio ou recollida no local.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Para a concesión destas axudas destínanse doce millóns de euros (12.000.000 €).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo dun mes.