• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A distribución urbana transformará o modelo de consumo e a planificación urbanística

Data de escritura

Nun escenario marcado polo auxe do comercio electrónico e dun cambio radical nos patróns de consumo, a planificación urbana terá que ter máis en conta o impacto que a distribución urbana de mercadorías e os fluxos de mobilidade teñen sobre a contorna urbana, as condicións de vida dos cidadáns e a calidade do aire nas cidades. 

Segundo un estudo elaborado por Cimalsa, o crecemento das entregas de comercio electrónico no centro das cidades incrementouse nos últimos anos, o que leva que aumentasen os niveis de conxestión nalgunhas zonas, dificultando a convivencia con outras actividades.