Extracto da Orde do 20 xaneiro 2021 pola que se establecen bases que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos
O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos (código de procedemento CT130A).
A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.
As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
DOG Nº 29 do 12/02/2021
Entidades beneficiarias:
Os entes locais e as entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Importe:
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento corenta e cinco mil euros (145.000 €), coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
10.40.432A.760.0: 110.000 €.
10.40.432A.781.0: 35.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes:
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.