• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da Resolución do 30 decembro 2020 pola que se aproban bases dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e se convoca a décimo segunda edición

 Obxecto:

Fomentar actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.

                                                    DOG Nº 28 do 11/02/2021

 

 

Beneficiarios:

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Resolución pola que se aproban as bases reguladoras dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo segunda edición, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

-A contía global da convocatoria é de 80.000 €.

- Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.