Ferramentas de Financiamento Ético a Alternativo
Espazocoop, a través da Rede Eusumo, organiza a referida actividade formativa en liña.
Datas: 23 de febreiro ao 16 de marzo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse dúas sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro e 16 de marzo de 11:00 a 12:30 h
Duración: 40 horas
Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria, tanto do sector de mercado (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción) como de non mercado (Asociacións, Fundacións etc.) ou público en xeral.
Obxectivos: Curso orientado a fornecer coñecementos financeiros básicos que axuden na resolución destas necesidades. Partindo dunha visión crítica da banca tradicional, analiza o papel das finanzas éticas, de cara a unha reconfiguración da función do diñeiro como ferramenta ao servizo das persoas, as empresas e a economía produtiva.
Programa:
Tema 1: Finanzas éticas
Tema 2: Finanzas éticas ao servizo das persoas e da economía produtiva
Tema 3: Os principais instrumentos de financiamento ético e alternativo
Tema 4: Experiencias de finanzas éticas e financiamento solidario en Galicia, no estado e no mundo
Inscricións:
- gratuíta
- a través do seguinte formulario / 881 887 456 / patane@espazo.coop