Asembleas e reunións
Espazocoop a través da REDEEUSUMO organiza dita actividade formativa
Datas: do 23 de febreiro ao 23 de marzo de 2021
Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 23 de febreiro, 9 e 23 de marzo de 17:00 a 19:00 h
Duración: 40 horas
Destinatarios: persoas que traballan ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, Centros Especiais de Emprego, Empresas de inserción, Asociacións, Fundacións etc.) e público en xeral interesado.
Obxectivos:
- Mellorar o funcionamento de equipos de traballo
- Mellorar as competencias para a participación nas entidades de economía social
- Ofrecer unha guía práctica para desenvolver reunións eficaces, participativas e cun bo clima grupal
- Provocar a reflexión sobre os distintos aspectos que cómpre coidar para lograr reunións redondas: con resultados positivos e concretos, participativas e nun clima cordial.
- Presentar metodoloxías e técnicas que contribúen a mellorar as nosas asembleas e reunións
- Mellorar as habilidades persoais para traballar en equipo
Módulos formativo:
- Módulo 1: Introdución e presentación do curso
- Módulo 2: A preparación das reunións. Elementos previos.
- Módulo 3: O papel da persoa moderadora
- Módulo 4: Abordamos os temas na reunión
- Módulo 5: Pechamos acordos ou conclusións
- Módulo 6: Recursos útiles para a práctica das asembleas e reunións
- Máis información en patane@espazo.coop / 881 887 456
Enlaces