Extracto da R. 2021/1434 do 19 xaneiro 2021,aproba convocatoria programa subvencións ás entidades sen ánimo de lucro para apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicaís e de artes escénicas ano 2021
O obxecto desta convocatoria son os festivais audiovisuais, musicais, escénicos que se celebren na provincia da Coruña, entendendo por festivais aqueles eventos culturais con identificación e marca propia e recoñecible, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, organizado periodicamente, con data de celebración.
BOP Nº 15 do 25/01/2021
Beneficiarios:
Entidades sen fin de lucro domiciliadas en Galicia que sexan as organizadoras do evento para o que se solicita subvención e que este se desenvolva dentro do territorio da provincia da Coruña.
No caso das Fundacións, quedan excluídas as Fundacións con sede na provincia da Coruña que teñan a consideración de medios propios e instrumentais da administración autonómica ou estatal.
Únicamente serán obxecto de axuda os gastos de carácter corrente, en ningún caso bens inventariables.
As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 10.000 € e un máximo de 60.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña, e rematará ás 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2021.