• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da O. do 29 decembro 2020 se establecen bases para concesión réxime c. competiva de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para promoción e impulso do coopetivismo e da e.social para 2021 e 2022

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

 Obxecto e finalidade:

Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.

 

     DOG Nº 13 do 21/01/2021

Entidades beneficiarias

– As asociacións de entidades de economía social.

– Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.

– As cámaras de comercio.

– As universidades.

– As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia..