Extracto de O.do 29 decembro 2020 establecen bases reguladoras subvencións para sufragar os gastos funcionamneto de entidades asociativas de cooperativas,sociedades laborais,c.e.de emprego e empresas de inserción e se convocan para o 2021
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).
Obxecto e finalidade:
Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades representativas da economía social de Galicia, a través dos seguintes programas de axudas:
– Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
– Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
DOG Nº 13 do 21/01/2021
Entidades beneficiarias:
– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
– As asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral para as actuacións previstas no programa II.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.