• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de Festivais audiovisuais,musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña ano 2021

A Deputación da Coruña convoca esta liña de subvencións como parte da súa política de apoio ás manifestacións artísticas, mediante o cofinanciamento dos festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas.

 

     BOPNº 10 do 18/01/2021

Para os efectos deste programa, entenderanse por festivais aqueles eventos culturais con identificación e marca propia e recoñecible, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, organizado periodicamente, con data de celebración consolidada e orientada á consecución de públicos amplos ao redor dunha proposta de contidos coherente e definida. Esta liña de subvencións diríxese a apoiar economicamente este tipo de eventos, e non as programacións culturais municipais ou aquelas actividades culturais que se dan no marco de eventos gastronómicos, turísticos ou festivos. As programacións municipais son responsabilidade dos propios concellos e as actividades culturais en eventos e festivais de carácter non cultural non son competencia desta Área de Cultura.

Este programa diríxese a aqueles festivais audiovisuais, musicais e escénicos con programación de carácter profesional que se celebren na provincia da Coruña.

Prazo e presentación de solicitudes.–As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL) A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros Os prazos de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria deste programa no BOP da Coruña, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións