Emprendemento dixital na Industria 4.0
DIRIXIDO A EMPRENDEDORES
EN MODALIDADE MOOC (Massive Online Open Courses)
EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN INCYDE
O curso está dirixido a aqueles que queiran aproveitar as oportunidades que se desprenden do concepto de Industria 4.0, tanto para acceder a novos empregos como para consolidar as actuais actividades industriais ou de servizos. Busca proporcionarlles unha proposta de valor onde a participación na cadea de subministración de bens físicos sexa relevante, non necesariamente para a súa fabricación.
DATA: Do 01/02/2021 ao 01/03/2021
CONTIDOS:
• Introdución á Industria 4.0 e novos modelos de negocio.
• Fábrica do futuro / fabricación intelixente. Economía colaborativa
• Big data. Computación na nube. Intelixencia artificial e deseño de ecosistemas abertos.
• Sensorización con IoT e ciberseguridade
• Casos por sectores. Toma de decisións.