• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Real Decreto-Ley 37/2020 de 22 diciembre,de medidas urgentes para hacer frente a las situaciones de vulnerabilidad social y económica en el ámbito de la vivienda y en materia de transportes

O primeiro motivo de urxencia e necesidade das medidas deriva da combinación dunha
situación sociosanitaria sen precedentes no noso país, que levou a declarar o
estado de alarma, e que ocasiona as máis graves consecuencias na saúde das
persoas, coa difícil situación económica e social pola que atravesan un gran número
de fogares, que poden verse abocados a perder a vivenda na que residen no
contexto da pandemia, tratándose dunha situación ante as que os poderes públicos
deben actuar, activando todos os instrumentos de política social e de vivenda á
súa disposición.

É esta debilidade dos instrumentos públicos para actuar ante estas situacións o
segundo motivo que xustifica a urxencia e necesidade das medidas. Como se indicaba
anteriormente, o parque de vivenda social en España é particularmente escaso, ofrecendo
cobertura a menos do 2,5% dos fogares, unha porcentaxe claramente insuficiente para que
teña capacidade de ofrecer solucións rápidas ás situacións de vulnerabilidade e
tratándose dunha realidade que se agrava no actual contexto de crise sanitaria.

E, o terceiro elemento que dá fundamento á urxencia e necesidade das medidas é
o mantemento nos últimos anos, segundo os datos do Consello Xeral do Poder
Xudicial, dun número de desafiuzamentos e lanzamentos ante o que é preciso adoptar
medidas inmediatas con obxecto de reforzar a coordinación entre os órganos xudiciais e
os servizos sociais competentes, de modo que se asegure a protección das persoas
máis vulnerables desde o punto de vista social e económico, ás que deben ofrecerse
medidas de apoio para superar a súa situación.

O presente real decreto-lei estrutúrase en tres capítulos, tres artigos, catro
disposicións adicionais, unha disposición transitoria, dúas disposicións finais e tres
anexos.

O capítulo I recolle as diferentes medidas urxentes adoptadas para facer
fronte a determinadas situacións de vulnerabilidade no ámbito da vivenda.

O capítulo II dispón medidas no ámbito do transporte por estrada.

O capítulo III incorpora as medidas para a defensa dos dereitos dos
consumidores e usuarios.

      BOE Nº 334 do 23/12/2020