Real Decreto- ley 35/2020 de 22 diciembre,de medidas urgentes de apoyo al sector turístico,la hostelería y el comercio y en materia tributaria
No caso do turismo, débese sinalar, en primeiro lugar, a importancia dos ERTE.
O acollemento a expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior foi
moi intenso entre as empresas que operan no sector turístico, sendo especialmente
relevante, polo número de persoas traballadoras afectadas, en servizos de comidas e
bebidas, servizos de aloxamento, actividades deportivas, recreativas e de entretemento,
axencias de viaxes e operadores turísticos e transporte aéreo.
Doutra banda, no que se refire ao sector comercial, desde o primeiro momento o
Goberno puxo en marcha varias medidas das que se beneficiaron de maneira
particular empresas e persoas traballadoras dese sector.
Este real decreto-lei busca aliviar a situación de empresas e autónomos,
especialmente os relacionados coa actividade turística, hostaleira e comercial, para
permitir que poidan manter a súa viabilidade e non se vexan irremediablemente abocados ao
peche como consecuencia da pandemia.
Este real decreto-lei estrutúrase en 4 capítulos, 18 artigos, 6 disposicións
adicionais, 1 disposición transitoria e 10 disposicións finais.
No capítulo I deste real decreto-lei establécense medidas para reducir os gastos
fixos de arrendamento que soportan empresas e autónomos. Debido ás medidas
excepcionais adoptadas polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, moitas
actividades económicas víronse obrigadas a suspender a súa actividade ou a reducir
drasticamente a mesma.
O capítulo II recolle medidas no ámbito laboral e de seguridade social que
pretenden paliar os efectos perniciosos da pandemia derivada do SARS-CoV-2, en especial
reforzando a protección das medidas que afectan en determinados sectores
produtivos, contidas na Real Decreto-lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas
sociais en defensa do emprego. Especificamente, refórzase a protección en relación coas
actividades de «Comercio por xunto de bebidas», «Restaurantes e postos de comidas»,
«Establecementos de bebidas», «Actividades dos xardíns botánicos, parques
zoológicos e reservas naturais» e «Actividades de xogos de azar e apostas».
O Capítulo III recolle diversas medidas en materia tributaria, co
obxecto de volver establecer algunhas medidas que xa estiveron vixentes con anterioridade,
e adoptar outras novas, en aras a diminuír o impacto da crise do SARS-CoV-2 en sectores
especialmente vulnerables, como son, entre outros, o turismo e o comercio.
Por último, o capítulo IV introduce medidas de flexibilización que permitan o
mantemento de incentivos rexionais e axudas para garantir a liquidez do sector
turístico. Os incentivos rexionais son as axudas financeiras que concede a Administración Xeral do Estado
ao investimento produtivo para fomentar a actividade empresarial,orientando a súa localización cara a zonas previamente determinadas. Consisten en subvencións
a fondo perdido e teñen como obxectivo paliar os desequilibrios interterritoriais.
BOE Nº 334 do 23/12/2020