• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Ciclo de webinars.El Pacto Verde Europeo, la economía circular y su repercusión sobre el sector alimentario:una aproximación jurídica

O obxectivo destas sesións en liña é dar a coñecer as novidades xurídicas máis significativas derivadas do Pacto Verde (Green Deal) da Unión Europea e do Plan de Economía Circular, poñendo o foco no sector dos alimentos e as bebidas. Tamén, analizaranse as novas directivas sobre residuos e plásticos, aprobadas en 2018 e 2019, así como os proxectos normativos de transposición das mesmas no ordenamento xurídico español.

O programa céntrase nun plan formativo con varios webinars impartidos por expertos con ampla experiencia, ofrecendo asistencia ás empresas participantes para axudarlles a mellorar o seu coñecemento e adaptarse ao novo marco normativo, así como fomento do networking entre os diversos axentes da cadea de valor.

O ciclo de webinars comezará o 22 de xaneiro e finalizará o 19 de febreiro de 2021. As sesións terán lugar de 10.00 a 12.00 horas, a través dunha plataforma en liña.

MÁIS INFORMACIÓN. (+34) 981 556 062 | info@clusaga.org