I Encuentro Oportunius
A Axencia Galega de Innovación ( GAIN) organiza o I Encontro Oportunius.
O obxectivo deste encontro é difundir as axudas do European Research Council (ERC) e os servizos e oportunidades do Programa Oportunius; así como dar a coñecer aos investigadores e investigadoras que contan con axudas do ERC e están a desenvolver a súa carreira en Galicia.
Data: 16/12/2020
Hora: 10.30 h – 12.00 h
Tipo de evento: en streaming
O programa Oportunius é unha iniciativa da Xunta de Galicia –en colaboración co Sistema Universitario Gallego ( SUG), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e outros organismos de investigación de Galicia– que ofrece condicións atractivas para reter, retornar e atraer talento investigador a Galicia.
O Encontro estará presentado por Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación, e presidido polo Vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde. Contará coas intervencións de José Manuel Fernández Labastida, Head of ERC Scientific Department, e de Rubén Nogueiras, investigador distinguido Oportunius, beneficiario dunha Starting Grant e da primeira Sinergy Grant con participación galega.
O evento celebrarase no Salón de Actos da Axencia Galega de Innovación. Pola limitación de aforo derivada da actual situación provocada pola covid-19, o encontro desenvolverase en streaming.