• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatorias e as bases reguladoras para o outorgamento de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural

Esta primeira convocatoria empregarase para financiar o gasto corrente dos negocios e conta cun investimento inicial de 2.500.000 desglosados do seguinte xeito:

- 1.600.000 euros para os negocios do sector hostaleiro
- 600.000 euros para o comercio
- 300.000 euros para o sector cultural

o Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 10 de decembro de 2020 publicáronse as convocatorias e as bases reguladoras para o outorgamento de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural.

O prazo de presentación de solicitudes para cada unha das convocatorias comprenderá desde as 00.00 horas do venres 11 de decembro (é dicir, na noite do xoves ao venres) ata as 23.59 horas do martes 15 de decembro. As solicitudes que se presenten antes do prazo indicado teranse por non presentadas.

As solicitudes deberán achegar o impreso de solicitude CS006A debidamente cuberto e presentaranse exclusivamente por medios electrónicos, preferiblemente a través do rexistro electrónico do Concello: sede.santiagodecompostela.gal. Os interesados tamén poderán empregar para a presentación o rexistro electrónico do Estado (https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do).

Para resolver as incidencias técnicas relacionadas coa presentación a través do rexistro electrónico do concello, habilitouse un servizo de soporte técnico dispoñible de 9.00 a 21.00 horas nos seguintes medios:
• Teléfono: 981.542.305
• Correo: soporte.sede@santiagodecompostela.gal

A relación de beneficiarios das axudas publicarase na web do Concello de Santiago de Compostela (santiagodecompostela.gal) e, adicionalmente, nas seguintes:
• Comercio: coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal
• Hostalería e restauración: cersiaempresa.gal

Os beneficiarios das subvencións deberán presentar, exclusivamente por medios electrónicos, o documento anexo III debidamente cuberto e a demais documentación relacionada na base 11ª de cada unha das convocatorias. O modelo de documento anexo III publicarase xunto coa listaxe de beneficiarios das axudas nas páxinas web que se indicaron.

Se a presentación se realiza no rexistro electrónico do concello (medio preferente), os interesados deberán seleccionar o trámite "Xustificación de subvencións concedidas polo concello".

Documentos relacionados