• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 27 de novembro 2020 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas

O IGAPE anuncia a publicación do texto completo da Resolución definitiva do 19 de novembro de 2020 de concesión das axudas á internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital), no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargaren a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.