Jornada Green Deal
A xornada está dirixida aos Hubs de Innovación Dixital, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, agrupacións industriais, empresas innovadoras, administracións públicas e cidadanía en xeral, tanto de Galicia como do Norte de Portugal.
Jueves, 17 de diciembre
Lugar de celebración: Online
O “Green Deal” establece unha folla de roteiro co obxectivo de alcanzar unha política de cero emisións en carbono en 2050 integrando a sustentabilidade en todas as políticas e a través de accións en áreas como a economía circular, a mobilidade sostible e intelixente, a ecologización da PAC ou a estratexia “da granxa á mesa”.
Será impartida por representantes da Comisión Europea en formato virtual:
- Onélica Andrade, responsable de política climática na Comisión Europe
- Fernando Mérida, experto en políticas de innovación e cooperación territorial na Comisión Europea
A xornada desenvolverase integramente en inglés e enmárcase na Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal ( RIS3 T).
Programa e inscripción: https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e1902ab9aab17adb54c58c4edbf9447bc