• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXTRACTO bases reguladoras das axudas para instalación,reforma e adaptación das terrazas dos establecementos hostalaría e restauración e a adquisición de elementos de envasado e empaquetado consumo domiciliario

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades:

1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

 

DOG Nº 244 do 03/12/2020

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo, carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións: a) desenvolveren a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo, dentro do sector da hostalaría e restauración, nomeadamente, restaurantes, cafetarías, bares e salóns de banquetes, cumprindo os requisitos establecidos legalmente para exercer a dita actividade; b) tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empregaren menos de cincuenta (50) traballadores; c) estaren dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I das bases reguladoras.

O crédito dispoñible para concesión nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1-741A-7701, por un importe de 2.900.000 €, con cargo ao ano 2021 e con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-4702, por un importe de 100.000 €, para o ano 2021.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).