• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Misión tecnológica a la Feria Anuga Food Tec 2021

A Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( Clusaga) organiza dentro do seu programa de misións tecnolóxicas unha á feira Anuga FoodTec, que terá lugar do 23 ao 26 de marzo de 2021 en Colonia (Alemaña), co obxectivo de coñecer as innovacións do sector alimentario a nivel internacional.

A finalidade da misión é poder coñecer as primicias presentadas a nivel internacional para a industria alimentaria. Os asistentes poderán ver innovacións, e solución tecnolóxicas relativas a: food packaging, food processing, seguridade alimentaria, automatización, dixitalización, medioambiente e enerxía, loxística e I+D.

Anuga FooTec 2021 estará centrada na dixitalización da produción abrindo oportunidades ás empresas do sector alimentario para crear redes e automatizar os seus procesos. Na edición anterior, a feira contou coa participación de máis de 50.000 visitantes de 155 países, que tiveron a oportunidade de coñecer as innovacións de máis de 1.600 empresas expositoras.

O interese da asistencia a esta feira débese ao claro enfoque tecnolóxico, ao amplo rango de tecnoloxías avanzadas especialmente orientadas á industria de alimentación e bebidas, á importancia das empresas que participan no evento e á posibilidade de establecer relacións e contactos con diversos axentes e para coñecer as últimas tendencias e innovacións

Para recibir máis información ou resolver calquera dúbida, pódese contactar con Clusaga a través do email info@clusaga ou do teléfono 981 556 064.