Premios a traballos académicos sobre Emprego
Esta convocatoria ten por obxecto regular a concesión de premios a traballos académicos relacionados coas temá- ticas do emprego e da xestión do talento, mediante concorrencia competitiva, en recoñecemento da súa calidade, carácter innovador ou impacto potencial no mercado de traballo.
BOP Nº 198 do 20/11/2020
Os traballos académicos obxecto desta convocatoria refírense ás seguintes categorías: Traballos Fin de Grao (TFG); Traballos Fin de Mestrado (TFM); Teses de Doutoramento; e Traballos de Investigación. Os traballos académicos deberán: Ou ben, haber sido presentados e defendidos na Universidade de Santiago de Compostela nos cursos 2018/19 ou 2019/2020, ou tratarse de traballos inéditos elaborados por profesores/as e investigadores vinculados a grupos de investigación desta universidade. Ou ben, haber sido presentados e defendidos nos cursos 2018/19 ou 2019/2020 por alumnos/as empadroados/as en Santiago de Compostela ou tratarse de traballos inéditos elaborados por profesores/as e investigadores empadroados/as en Santiago de Compostela. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante 15 días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña.