Extracto da Resolución nº2020/35923 de 12 de novembro da Presidencia da Diputación da Coruña pola que se aproba a convocatoria da IV edición dos Premios do Plan de Emprego Local ( PEL-ERP-PREMIO 2020)
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria da IV edición dos Premios do Plan de Emprego Local, cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index) A finalidade desta convocatoria consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradores/as de riqueza e emprego, contribuíndo á súa sustentabilidade e fomentando a cultura emprendedora na provincia.
BOP Nº 198 do 20/11/2020
Beneficiarios: - Pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as que teñan domicilio fiscal e social en algún municipio da provincia da Coruña e exercicio económico continuado na actividade empresarial. - Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña. - Asociacións empresariais que teñan domicilio fiscal e social na provincia da Coruña e conten, como mínimo, con 25 asociados. O prazo de presentación de candidaturas iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do 8 de xaneiro de 2021.