• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

EXTRACTO da orde do 17 novembro de 2020,pola que de establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID19

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

 A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas, para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID-19 que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego. O prazo de execución da convocatoria vai desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2020

DOG Nº233 do 18/11/2020

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

  1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).
  2. Para as axudas previstas no artigo 7.1.b) as persoas traballadoras autónomas que, ademais de cumprir o requisito sinalado no parágrafo anterior, deberán estar encadradas nos sectores cuxa actividade estivese especialmente paralizada.

Para a concesión destas axudas destínanse trinta millóns de euros (30.000.000 €).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia que establece un período mínimo dun mes, ou ben ata o esgotamento do crédito. De acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social publicarase no Diario Oficial de Galicia o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.