• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución de 25 novembro 2020, da Secretaría de Estado Economía e apoio á Empresa polo que se establecen os termos e condicións dos novos tramos da liña de avais

O Consello de Ministros na súa reunión do día 24 de novembro de 2020, adoptou
un Acordo polo que se establecen os termos e condicións dos novos tramos da
liña de avais aprobada por Real Decreto-lei 25/2020, do 3 de xullo, para financiamento
concedido a empresas en convenio e a aquelas que, sen estalo, estaban en proceso de renovación
do seu programa de pagarés no mercado alternativo de renda fixa (MARF) a 23
de abril de 2021.

  BOE Nº 310 do 26/11/2020

  O Consello de Ministros acordou entre outros:

Co obxectivo de facilitar o acceso ao financiamento ás empresas en convenio,
establecer as condicións aplicables e requisitos a cumprir, detallados nos Anexos I e II,
para o segundo tramo da liña de avais aprobada por Real Decreto-lei 25/2020, do 3 de xullo. Este tramo se subdivide á súa vez en dous subtramos: un, recollido no Anexo I,
que ascenderá a 2.500 millóns de euros, para avalar o financiamento outorgado polas
entidades financeiras detalladas no anexo I a empresas en convenio; e outro, recollido no
Anexo II, para avalar as emisións de pagarés incorporados ao Mercado Alternativo de Renda
Fixa (MARF) emitidos por empresas que están en fase de convenio, que ascenderá
a 50 millóns de euros.

Co fin de permitir o acceso a avais dos seus pagarés a aquelas empresas que
antes do 23 de abril de 2020 contasen cun programa de pagarés incorporado no
MARF que non foi renovado a tal data e que, por tanto, non puideron acollerse ao tramo
previsto para o efecto no Acordo de Consello de Ministros do 5 de maio de 2020, establecer
as condicións aplicables e requisitos a cumprir, detallados no Anexo III, para o tramo
da liña de avais para pagarés incorporados ao Mercado Alternativo de Renda
Fixa (MARF) que ascenderá a un importe máximo de 250 millóns de euros

Estes avais do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital serán
xestionados coa colaboración do Instituto de Crédito Oficial nos termos previstos neste
Acordo.