• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resolución do 25 novembro 2020 da Secretaria Estado Economía e Apoio á Empresa ampliación prazo solicitude avales ata 01 xulllo 2021

O Consello de Ministros na súa reunión do día 24 de novembro de 2020, adoptou
un Acordo polo que se instrúe ao Instituto de Crédito Oficial (ICO) e permítese á
Compañía Española de Reafianzamiento, S.M.E., Sociedade Anónima (CERSA) ampliar
o prazo de solicitude de avais ata o 1 de xuño de 2021 e estender o vencemento dos
avais xa liberados.

BOE Nº 310 do 26/11/2020

O Consello de Ministros acorda entre outros:

Instruír ao Instituto de Crédito Oficial para ampliar, ata 1 de xuño de 2021, o
prazo de solicitude dos avais liberados ao amparo dos Reais Decretos-leis 8/2020
do 17 de marzo e 25/2020, do 3 de xullo, así como os correspondentes Acordos de Consello
de Ministros de desenvolvemento.

Instruír ao Instituto de Crédito Oficial a que estenda, en pleno cumprimento coas
condicións establecidas en Real Decreto-lei 34/2020, do 17 de novembro, de medidas
urxentes de apoio á solvencia empresarial e ao sector enerxético, e en materia
tributaria, e no anexo I deste Acordo, o vencemento dos avais
outorgados a empresas e autónomos en virtude do artigo 29 da Real Decreto-lei 8/2020,
do 17 de marzo e os Acordos de Consello de Ministros do 24 de marzo, 10 de abril, 5
de maio, 19 de maio e 16 de xuño de 2020.

Permitir á Compañía Española de Reafianzamiento, S.M.E., Sociedade
Anónima (en diante CERSA) a ampliación dos vencementos dos avais liberados
ao amparo do Acordo de Consello de Ministros, do 5 de maio de 2020, por un máximo
de tres anos, sen poder o vencemento total superar o oito anos. Así mesmo, ampliar o
prazo de solicitude dos avais para as operacións formalizadas por CERSA ata o 1
de xuño de 2021.